Péchase Galicia pero.... como está a fronteira con Portugal?

Un diario portugués informa do peche por "malas condicións climáticas", e non pola covid, dun paso transfronteirizo no Xurés.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Están realmente pechadas as fronteiras entre Galicia e Portugal? Ou seguen a circular, na práctica, os vehículos? Esa é a pregunta que abre a peza publicada nas últimas horas polo xornal portugués Vieira do Minho, que informe do peche por "malas condicións climáticas" do paso da Portela do Home, situado na área do parque Xerés, en concreto, no municipio de lobios no lado galego.

Fronteira de Galicia con Portugal en Portela do Home pechada, pero non pola covid, senon polas condicións metereolóxcias
Fronteira de Galicia con Portugal en Portela do Home pechada, pero non pola covid, senon polas condicións metereolóxcias | Fonte: vieiradominho.tv

Segundo informan dende alén do Miño, o paso fronteirizo en cuestión atoparíase pechado ao tránsito do lado de Portugal, sen contar con sinal algunha do lado galego. Con todo, e de acordo coas mesmas fontes, foron varios os casos de vehículos que "traspuxeron a barreira alí colocada" para seguir avanzando.  A noticia vén de ser recibida con estupor e sorpresa por parte do diario portugués, que lembra o peche transfronteirizo decretado polo conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña "como medida preventiva ante o agravamento da situación epidemiolóxica". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta