Detectados 10 positivos entre traballadores da industria agroalimentaria do Barbanza

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/01/2021 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

O cribado realizado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) a semana pasada a traballadores da industria agroalimentaria da comarca do Barbanza (A Coruña) desvelou 10 positivos en covid-19 asintomáticos.

De acordo con datos da área Sanitaria de Santiago-Barbanza, neste cribado participaron un total de 4.532 persoas das 5.141 que foron citadas, polo que a participación alcanzou o 88,15 por cento.

Así, a decena de positivos por coronavirus detectados por estas probas, centradas na industria agroalimentaria, implica unha positividade do 0,22 por cento.

Unha traballadora sanitaria sostén unha probeta cunha proba PCR
Unha traballadora sanitaria sostén unha probeta cunha proba PCR | Fonte: Ricardo Rubio - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta