A Coruña autoriza o estudo para construír a residencia de maiores na que participa Amancio Ortega

Tamén se lle concedeu a Repsol a licenza para implantar melloras enerxéticas na unidade de cru do complexo industrial de Nostián.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/01/2021 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña autorizou, en Xunta de Goberno, de maneira inicial, o estudo de detalle para construír unha residencia para maiores en Eirís, promovida pola Xunta e financiada pola Fundación Amancio Ortega, con capacidade para 150 prazas.

Ademais, concedéuselle a Repsol a licenza para implantar melloras enerxéticas na unidade de cru do complexo industrial de Nostián. O prazo para iniciar as obras será de seis meses e para executalas de nove meses, a partir do día seguinte á notificación da licenza.

Por último, aprobouse a renuncia para adxudicar o contrato de organización e xestión do programa das bolsas para estudar primeiro de bacharelato en Estados Unidos durante os cursos 2021/2022, 2022/2023 e 2023/2024 pola evolución da pandemia.

Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou as condicións da concesión que permitirá construír unha base náutica nas antigas instalacións de Varadeiros Valiña, en Oza, despois de que Demarcación de Costas autorizase ao concello o uso público destes terreos por dez anos, prorrogables a 50 anos como máximo.

Xunta de Goberno do Concello da Coruña. ANDY PEREZ
Xunta de Goberno do Concello da Coruña. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta