Calvos de Randín marca de novo a mínima da xornada con case 11 graos baixo cero

Vertín, Xinzo, Sarria e Monforte tamén están entre os concellos máis fríos de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2021 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A localidade ourensá de Calvos de Randín volveu a ser o punto máis frío da comunidade noutra madrugada cos termómetros en valores negativos en boa parte da xeografía galega.

En concreto, a estación de Meteogalicia situada en Calvos rexistrou ás 08,40 horas deste xoves unha temperatura de 10,9 graos baixo cero. Os termómetros tamén roldaron os 10 graos negativos en Verín, onde ás 09,00 horas deste xoves alcanzáronse os -9,5ºC.

Xinzo de Limia (-8,3ºC ás 08,50 horas); Sarria (-7,4ºC ás 09,10 horas) e Monforte de Lemos (-6,8ºC ás 07,40 horas) foron outros dos puntos máis fríos de Galicia nas últimas horas.

Xeadas, Santiago de Compostela, Frío. Europa Press - Arquivo
Xeadas, Santiago de Compostela, Frío. Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta