A factura do Nadal: Galicia entra en "risco extremo" tras un aumento galopante dos contaxios

A incidencia rexistrada é de 312 casos por 100.000 habitantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2021 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

A terceira vaga de contaxios de coronavirus está a afectar fortemente a todas as comunidades autónomas, as cales, excepto Asturias e Canarias, se sitúan no escenario de risco extremo contemplado na estratexia de 'Actuacións de resposta coordinada para o control da transmisión de COVID-19', aprobada polo Ministerio de Sanidad e as autonomías o pasado mes de outubro, e ata tres xa superan o 40 por cento de camas UCI ocupadas por pacientes Covid-19.

En concreto, a incidencia media acumulada a 14 días no Estado español sitúase na actualidade nos 454,22 casos por 100.000 habitantes, o dobre do considerado como risco extremo (250). No entanto, existe variabilidade entre as comunidades autónomas, sendo Estremadura a que conta coa maior taxa de incidencia de contaxios, 1.076,60 casos. O caso de Galicia, con 312,72, dá proba tamén dunha situación crítica.

Ambulancia
Ambulancia | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Así mesmo, a situación nas Unidades de Coidados Intensivos comeza a ser preocupante nalgunhas comunidades autónomas como, por exemplo, na Comunidade Valenciana, onde o 43 por cento das camas están ocupadas por pacientes Covid-19, en Cataluña (41,25%) ou na Rioxa (40%).

A estas comunidades séguenlle Baleares, co 38,76 por cento de ocupación de camas UCI; Madrid (35,12%); Castela-A Mancha (32,73%); Melilla (28,57%); Castela e León (26,84%); Estremadura (24,65%); Cantabria (22,13%); Aragón (20,94%); Murcia (18,88%); Andalucía (16,56%); Asturias (16,46%); País Vasco (15,68%); Canarias (13,32%); Navarra (12%); Galicia (8,99%); e Ceuta (5,88%). A media en España sitúase no 26,97 por cento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta