O PP de Pontevedra acusa o Concello de "contratar a dedo" a persoas afíns ao BNG

Os populares cualifican de "bochornosa a actitude que ten o BNG co diñeiro dos pontevedreses" e critican a "falta de ética" por parte do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2021 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

O grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra cargou este mércores contra o "amiguismo" que, ao seu xuízo, existe no Concello pontevedrés, con contratos menores "a dedo, fóra de todo concurso público" nos que se "ven agraciados" persoas afíns ao BNG.

Os concelleiros populares Rafa Domínguez e Gerardo Pérez Puga foron os que compareceron en rolda de prensa para falar desta cuestión e para advertir de que os populares non "permitirán" que "o diñeiro de todos o utilicen os nacionalistas para favorecer aos seus".

O primeiro dos contratos denunciados polo PP é con Galiza Nova, "consistente en inserir publicidade na súa revista por un valor de 500 euros". O segundo, coa fundación Galiza Sempre, de "5.000 euros para a revista dun festival que se realiza en Santiago de Compostela". "Non se pode entender que se use o diñeiro dos pontevedreses para financiar unha rama política dun partido", dixo o popular Rafa Domínguez.

O portavoz do grupo municipal do PP tamén sinalou a "relación íntima entre o Concello e Sermos Galiza, revista da que foi xerente a concelleira Anabel Gulías". En concreto, asegurou que o concello está subscrito a 25 números desta publicación, "cun custo de 7.200 euros ao ano". "A maiores, a Sermos encargóuselle un curso de galego que lle custou aos pontevedreses 12.705 euros", declarou Domínguez.

Domínguez tamén citou unha serie de diferentes "contratos a familiares e concelleiros" durante as festas da Peregrina. "Contratouse ao grupo no que canta o compañeiro da portavoz do BNG, ao grupo onde canta o irmán do Alcalde, Onte e Hoxe, e o grupo onde toca a gaita o propio concelleiro nacionalista Xaquín Moreda", ha ejemplificado.

Para o PP resulta "bochornosa a actitude que ten o BNG co diñeiro dos pontevedreses" e criticou a "falta de ética" por parte do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores "á hora de usar o diñeiro" público. "O problema destes contratos, non é a contía en si: é a ausencia de ética e moralidade á hora do uso do diñeiro público", destacou Domínguez.

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez.. PP DE PONTEVEDRA
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez.. PP DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Nin

O PP acusando de contratos a dedo??? hahahahaha, boísimo o do pavo este!