Baixan os falecidos da Covid a seis aínda que dous son de residencias

Morrenron na residencia da Patoriza e na integrada Bo Día Sagunto de Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2021 | Actualizada ás 20:47

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este mércores outros seis falecidos con covid-19 en Galicia, co que a cifra total de vítimas da pandemia sitúase en 1.480.

En concreto, segundo os datos facilitados, na última xornada faleceu unha muller de 84 anos no Hospital da Coruña e unha muller de 88 no HM Modelo Belén da Coruña. Do mesmo xeito, comunicouse o falecemento dun home de 86 anos que se atopaba ingresado no Hospital de Verín e dunha muller de 91 que estaba no Hospital de Pontevedra.

No ámbito residencial, faleceu un home de 92 anos na residencia da Pastoriza e outro home de 100 anos na residencia integrada Bo Día Sagunto de Vigo, que procedía da residencia Moledo.

Persoal sanitario atende a un paciente de Covid na UCI do hospital Povisa / Foto Miguel Riopa - remitida por Povisa/ COVID, MORTES, FALECEMENTOS,
Persoal sanitario atende a un paciente de Covid na UCI do hospital Povisa / Foto Miguel Riopa - remitida por Povisa/ COVID, MORTES, FALECEMENTOS,

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta