Renfe mantén o transbordo por estrada para dous trens que unen Pontevedra e Madrid

Se as condicións de viaxe non se axustan ás necesidades dos viaxeiros, Renfe sinala que ofrece a posibilidade de anular os billetes sen custo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2021 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

Renfe manterá este xoves o transbordo especial por estrada para os viaxeiros dalgúns servizos que cobren a ruta Madrid-Pontevedra e Pontevedra-Madrid debido ás temperaturas extremas e á neve orixinadas polo temporal dos últimos días.

Segundo informou a operadora nun comuncado este mércores, este servizo especial para a liña Alvia continuará prestándose unha xornada máis despois de activarse o martes e manterse este mércores.

Se as condicións de viaxe non se axustan ás necesidades dos viaxeiros, Renfe sinala que ofrece a posibilidade de anular os billetes sen custo. Igualmente, o cliente poderá cambiar o seu billete para outra viaxe sen custo, se é para idéntica clase.

No caso de realizar a viaxe con transbordo en autocar, os usuarios terán dereito á devolución do 20% do importe do billete do traxecto afectado. O reintegro ou o abono xerado producirase mediante o mesmo medio de pago previamente utilizado para a compra do título de transporte.

De haber atraso, se o viaxeiro opta por realizar a viaxe, será acumulable, no seu caso, a posible indemnización derivada do atraso á chegada, se procede.

Tren
Tren | Fonte: RENFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta