UGT reclama incluír as traballadoras do fogar como colectivo prioritario de vacinación

"Cada domicilio é un centro de traballo onde, pola natureza dos coidados, non se pode gardar a distancia de seguridade", asegura o sindicato.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2021 | Actualizada ás 16:08

Comparte esta noticia

O sindicato UGT reclamou á Xunta de Galicia que inclúa como colectivo prioritario de vacinación contra a covid-19, ao nivel do persoal sociosanitario de primeira liña, ás traballadoras do servizo de axuda no fogar.

O sindicato lembra que estas traballadoras poden ser "un vehículo de transmisión entre os usuarios" que, ademais, atópanse entre a poboación máis vulnerable ao virus. Así, indican, estas traballadoras prestan coidados durante o día "ata a 6 persoas diferentes, desprazándose para iso en transporte público".

"Cada domicilio é un centro de traballo onde, pola natureza dos coidados, non se pode gardar a distancia de seguridade, convívese con unidades familiares distintas, en moitas ocasións xunto a conviventes dos usuarios, sen os medios de protección individual adecuados para a atención directa as persoas vulnerables", apunta UGT.

Empregada do fogar servizo domestico lavalouzas. CCOO
Empregada do fogar servizo domestico lavalouzas. CCOO | Fonte: UGT - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta