Os hostaleiros coruñeses: "Hai moitas axudas no papel, pero poucas na práctica"

Ascega esixe un plan de rescate que evite o peche de "máis do 20% de locais" na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/01/2021 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

A Asociación de Emprendedores de Galicia (Ascega) reiterou a súa esixencia á Xunta, a Deputación e o Concello da Coruña do deseño dun "plan de rescate para salvar á hostalaría tras as novas restricións adoptadas", que evite "o peche de máis do 20% dos locais" na cidade herculina.

O vogal do grupo de Hostalaría, Diego Lis, denuncia que ningunha das institucións "estivo á altura" desde o inicio da pandemia e que, a pesar de anunciar "aos catro ventos" distintas axudas, "ningún negocio é xa viable".

"Xa non estamos no momento de axudas, estamos no dun plan de rescate", reprocha o hostaleiro, que considera que os locais están "abocados ao peche". A perspectiva é, destaca "moi negra" e considera que o primeiro semestre de 2021 "seguirá sendo durísimo sen nin sequera recibir as axudas prometidas en 2020 polas administracións públicas".

Segundo os seus cálculos, máis do 20% dos negocios de hostalaría baixarán o enreixado na cidade herculina. "Hai moitas axudas no papel, pero poucas na práctica e son insuficientes na maior parte dos casos". Por todo iso, esixe compensacións económicas "áxiles e axustadas á falta de ingresos que sofre o sector", así como a condonación de impostos.

Grupos de persoas concéntranse en María Pita polas restricións ao sector da hostalaría. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Grupos de persoas concéntranse en María Pita polas restricións ao sector da hostalaría. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta