Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2021 | Actualizada ás 13:29
A Deputación de Pontevedra mobilizará ao longo deste ano 2021 un total de 4 millóns de euros en investimento social para cubrir as necesidades de persoas vulnerables mediante programas de inclusión e protección que levan a cabo os concellos e as entidades sociais. "O compromiso desta administración co sufrimento da xente foi sempre unha liña básica de actuación e coa covid foi o centro da nosa actuación", afirmou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
En rolda de prensa xunto a Olga García Ballesteros, deputada da área de Cohesión social; Carmela Silva destacou que a deste ano 2021 é "o maior investimento que fixo nunca esta institución" ao mesmo tempo que resaltou que no primeiro ano da pandemia a Deputación de Pontevedra foi "a única administración galega, porque á Xunta nin estivo nin lla esperaba" que puxo "recursos extraordinarios para que os concellos puidesen facer fronte ás necesidades da xente".
Segundo explicou a presidenta a Deputación pontevedresa, este ano aumenta un 3% o capítulo de política social. "Estamos a adiantar todos os prazos porque entendemos que debemos ser proactivas na loita contra as consecuencias da pandemia, na atención ás persoas dependentes e en promover a igualdade de oportunidades".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.