A receita da Xunta para superar a crise: "estabilidade" para facer fronte ás "incertezas"

Así o cre o vicepresidente segundo, Francisco Conde.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/01/2021 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reivindicou a "estabilidade" e a "seguridade" como a "mellor maneira" de facer fronte ás incertezas xeradas pola pandemia e de lograr a reactivación económica.

Fíxoo nas instalacións do Cesuga na Coruña con motivo da celebración do segundo consello asesor do centro. Ante os asistentes, segundo informa o departamento autonómico, trasladou que a Xunta está "a traballar e avanzando na simplificación administrativa, na posta en marcha de plans de financiamento e no desenvolvemento da candidatura galega aos fondos europeos Next Generation".

"Co obxectivo de que este ano sexa o da reactivación económica", apostilou. Ademais, quixo transmitir unha mensaxe de "esperanza e confianza" ao tecido empresarial pero chamando, ao mesmo tempo, á "prudencia e á responsabilidade colectiva". O vicepresidente económico asegurou que a mellor maneira de facer fronte ás "incertezas" que xera o contexto derivado da Covid-19 é ofrecendo "estabilidade e seguridade".

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, nunha xornada no Cesuga. MONCHO FONTES
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, nunha xornada no Cesuga. MONCHO FONTES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta