Tensión e protestas en Inditex, a empresa "modelo" de Galicia, polo peche de tendas

Traballadores concéntranse para esixir a recolocación "nas mesmas condicións" polo peche de tendas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/01/2021 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

Delegadas e delegados da CIG e traballadoras das tendas do grupo Inditex secundaron na Coruña unha concentración para esixir á empresa "que ofreza garantías de recolocación nas mesmas condicións, ingresos, xornada, horarios ou categoría", informa a CIG.

A central sindical expón tamén que sexa "co mínimo traslado posible ao persoal que se vexa afectado o peche de tendas que a multinacional acaba de iniciar". Respecto diso, sinala que xa comunicou "que, dentro do proceso de dixitalización, pechará en Galicia como mínimo 23 tendas ata xaneiro de 2023, sendo Uterqüe de Santiago a primeira en botar o peche xa a próxima semana".

"Xunto a esta, está anunciado o peche de Zara Home das Cancelas e as tendas Massimo Dutti de Ourense e Lugo e a área de cabaleiro do local situado no Marineda City", engade a central que cuestiona o acordo asinado con CCOO e UGT.

"Que fala na teoría de conservar os postos de traballo pero sen garantir con certeza ningún dereito". "Isto pode supor desprazamentos a centros de quilómetros, cambios de horarios ou xornadas inasumibles para as traballadoras afectadas polo que, na práctica, veranse obrigadas a ter que renunciar o seu emprego", denuncia.

Concentración de delegados da CIG e de traballadores de Inditex. CIG
Concentración de delegados da CIG e de traballadores de Inditex. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xesús Ateo Recalcitrante

CCCOO e UGT coma sempre. Pactando acordos que maiormente van en contra dos intereses dos traballadores e das traballadoras. Iso si, concertan coa patronal e cos gobernos (central e de Feijóo) cousas inasumibles e que prexudican aos que din representar. Cero que a foto dos xornais queda moi bonita e composta: os secretarios (estatais ou territoriais) de ambos sindicatos cos xefes da patronal e os gobernantes (estatais ou autocómicos). Xa asinaron coa patronal e o goberno a reforma das pensións de Zapatero, xa concertaron o ano pasado non se sabe que coa Xunta de Galicia, xa asinaron acordos no metal de Vigo ás costas dos traballadores, ... Canto van tardar en asinar a reforma das pensións do da AIREF? E a retirar a demanda de que o salario mínimo se iguale ao que se di na Carta Social Europea? Eles son uns dos máximos responsabeis, xunto cos gobernos do PSOE, de que os traballadores se arrimen ás promesas baleiras e mintireiras dos fascistas de Vox.