O caldo, protagonista do cupón da ONCE este sábado

Forma parte da serie 'Pratos de culler'.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/01/2021 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

O caldo galego protagoniza o cupón do ONCE deste sábado dentro da serie 'Pratos de culler', segundo informa a organización que explica que cinco millóns e medio de cupóns difundirán esta proposta gastronómica. Ca ONCE colaborou a Xunta de Galicia.

A serie de cupóns 'Pratos de culler' comezou o pasado mes de outubro para convidar a degustar os caldos e guisos máis típicos dos diferentes lugares. Son 19 cupóns pertencentes aos sorteos dos sábados. O obxectivo, sinala a organización, é "promocionar eses pratos da cociña tradicional".

En toda a serie, inclúense pratos típicos como o cocido con cabaza de Andalucía, a fabada de Asturias, ou as sopas de allo de Castela e León, entre outros.

O Caldo Galego É Imaxe Dekl Cupón Do Once. ONCE
O Caldo Galego É Imaxe Dekl Cupón Do Once. ONCE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta