Catro novos falecementos poñen Galicia por riba das 1.500 mortes por Covid

Todas as persoas tiñan patoloxías previas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2021 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

Catro falecementos máis notificados este sábado de persoas diagnosticadas de covid-19 elevan a 1.503 as mortes desde o inicio da pandemia, segundo datos de Sanidade.

Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa
Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa | Fonte: Miguel Riopa - Remitida por Povisa.

Os decesos son os dun home de 66 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP), un home de 98 no hospital de Verín, e no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) un home de 81 e unha muller de 87.

Todos tiñan patoloxías previas, segundo especifica o servizo galego de saúde. EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta