Investigan un intento de estafa a unha residencia de Teo, á que ofrecían vacinas da covid-19 por 2.400 euros

O centro denunciou os feitos ante a Garda Civil, que investiga o suceso.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/01/2021 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga un intento de estafa á residencia de maiores Los Arcángeles de Teo, que o pasado sábado recibiu unha chamada a través da que un home ofrecía vacinas da covid-19 por 2.400 euros.

Unha enfermeira prepara a vacina contra o coronavirus
Unha enfermeira prepara a vacina contra o coronavirus | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press.

Segundo a directora deste centro, Isabel Patiño, os feitos ocorreron o pasado sábado sobre as 22.30 horas, cando un home asegurou estar de camiño á residencia con 35 vacinas da covid que tiñan un custo duns 2.400 euros.

O home, que nun primeiro momento aseguraba que as doses foran xa abonadas, afirmou que estaba a uns 20 minutos do centro, que os responsables da residecía xa foran avisados e solicitou acceder ao recinto para deixar a carga. "Controlaba o número de pacientes, o meu nome, fixeran unha investigación", explica a directora, que sinala que "estaban moi informados".

Con todo, conforme detalla Isabel Patiño, a traballadora que recibiu a chamada respondeulle que non tiña coñecemento de que ían chegar esas doses e que ía falar coa directora do centro, coa que o home finxiu falar durante o transcurso da chamada.

Ante estes estes, a traballadora procedeu a colgar o télefono e a comunicarse coa directora, unha conversa na que se decataron de que podía tratarse dun intento de estafa.

Por iso, a residencia decidiu pór os feitos en coñecemento a Garda Civil, que confirmou que investiga o ocorrido.

Precisamente, Isabel Patiño explica que este mesmo martes, día 19 de xaneiro, os usuarios do centro que dirixe recibirán a segunda dose da vacina da covid-19 por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta