Sanidade convoca a 420 veciños de Poio a un cribado

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 18/01/2021 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A Xunta continuará este martes e mércores os cribados poboacionais para detectar casos asintomáticos de coronavirus a través de 400 veciños de Poio.

Cribado
Cribado | Fonte: Europa Press.

En concreto, en coordinación co Concello de Poio, este cribado voluntario terá lugar nunha carpa específica emprazada na chaira xunto ao local social da Asociación de Veciños do Vao, na parroquia de San Salvador, a partir das 9,00 horas. Nas próximas horas convocarase a uns 420 veciños.

Para levar a cabo esta iniciativa, durante o martes 19 e o mércores 20 de xaneiro a Administración Sanitaria Pública galega contará nesta carpa con dous equipos de enfermaría, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, controis da realización das tomas de mostras e información aos usuarios.

Todas as mostras tomadas con PCR en Poio procesaranse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados serán comunicados aos usuarios por SMS, sempre que o resultado sexa negativo. No caso de resultar positivo, esta notificación farase de maneira individual a cada cidadán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta