Aprazados os premios de teatro María Casares convocados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia

A Asociación alega que as restricións sanitarias respecto da mobilidade e aforamentos dificultarán a súa celebración en 2021.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2021 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) pospón a convocatoria dos premios de teatro María Casares, que neste 2021 alcanzan a súa 25 edición. A entidade organizadora dos galardóns de teatro desde a súa creación en 1997 toma esta decisión tras informar á súa asemblea "e ante a incerta perspectiva de poder desenvolver con garantías o normal funcionamento do certame".

"A evolución epidemiolóxica, as restricións sanitarias respecto da mobilidade e aforamentos, as suspensións e adiamentos que alteraron a programación teatral de 2020 e que, presumiblemente, seguirán afectando neste 2021 dificultan, por unha banda, que o censo de votantes dos galardóns poida acceder aos espectáculos estreados en 2020 para emitir o seu voto".

"E, por outra, imposibilitan a preparación dunha gala que neste ano tampouco se celebrará nas datas próximas ao 27 de marzo, Día Mundial do Teatro", engade. Por este motivo, e tal e como sucedeu en 2020, posponse os premios para unha nova data.

Teatro María Casares. REMITIDA - Arquivo
Teatro María Casares. REMITIDA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta