Investigan un presunto caso de acoso escolar a unha menor en Arteixo despois dunha denuncia á Garda Civil

o departamento educativo da Xunta asegura que no CEIP Ponte dos Brozos, ao ter coñecemento dos feitos, "extremáronse as medidas de prevención e vixilancia por se fose necesario activar o protocolo de acoso"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2021 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A Fiscalía investiga un suposto caso de acoso escolar a unha menor de 12 anos no CEIP Ponte dos Brozos, situado no municipio coruñés de Arteixo, por mor dunha denuncia presentada ante a Garda Civil.

Así o confirman fontes oficiais e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que indican que o episodio tivo lugar nas vacacións do Nadal, fóra do citado colexio, ademais de que "mesmo habería implicados alleos ao centro".

En calquera caso, o departamento educativo da Xunta asegura que no CEIP Ponte dos Brozos, ao ter coñecemento dos feitos, "extremáronse as medidas de prevención e vixilancia por se fose necesario activar o protocolo de acoso". Ademais, a Consellería pide "ser respectuosos" co proceso en marcha e "coa protección do menor" afectado.

Garda Civil
Garda Civil | Fonte: Ministerio do Interior

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta