Pontevedra enviará á Xunta un plan de rescate para os sectores máis afectados pola COVID

O Concello de Pontevedra esixe que este Plan de rescate estea formado por achegas porcentualmente similares por parte de cada administración.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2021 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra aprobou este luns en Xunta de Goberno un acordo no que propón á administración autonómica elaborar con carácter inmediato un plan de rescate dos sectores afectados pola COVID-19. No texto, que será remitido en próximas horas ao Goberno galego, proponse que o plan conta coa participación de concellos, deputacións e o liderado da Xunta, con achegas proporcionais aos seus ingresos,.

En rolda de prensa, a portavoz do Goberno local de Pontevedra, Anabel Gulías, explicou que "a terceira onda é un feito" e que a situación de determinados sectores "é agónica e preocupante desde o punto de vista económico e tamén social", polo que considera "necesario traballar con solucións reais".

Por iso, propón a elaboración dun plan de rescate estrutural que sexa "simple, cunhas bases consensuadas entre as administracións e liderado pola Xunta de Galicia" e considerou que a Federación galega de municipios e provincias (Fegamp) sería un bo interlocutor entre todas as partes implicadas.

Ao tempo, desde o Concello de Pontevedra esíxese que este Plan de rescate estea formado por achegas porcentualmente similares por parte de cada administración. A modo de exemplo, Anabel Gulías indicou que se a Xunta achega o 1% do seu orzamento, deputacións e concellos farano en igual medida.

Doutra banda, incidiu en que ata agora a Xunta de Galicia comprometeu 22 millóns de euros para os sectores máis afectados "o que supón o 0,19% do seu orzamento", mentres que desde o Concello de Pontevedra as primeiras axudas do denominado Plan Supera están dotadas con 1,2 millóns de euros, o que supuxo o 1,6% do orzamento global.

Anabel Gulías con Fernández Lores
Anabel Gulías con Fernández Lores

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta