Persoal sanitario galego está recibindo xa doses da vacina Moderna

A xefa de Medicina Preventiva da Área Sanitaria de Ourense, María Sande, explica que a vacina é parecida á Pfizer aínda que as súas condicións de conservación "non son tan esixentes".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/01/2021 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) continúa co plan de vacinación coa inmunización do persoal sanitario, que este luns recibiu algunhas doses da vacina de Moderna. Segundo informou este luns a área sanitaria de Ourense, un total de 500 doses desta foron enviadas ao area de Santiago, 600 á de Vigo e 650 á de Ourense.

En declaracións aos medios remitidas pola propia área sanitaira de Ourense, a xefa de Medicina Preventiva, María Sande, explica que a vacina é parecida á Pfizer aínda que as súas condicións de conservación "non son tan esixentes".

Ademais, detalla que, neste caso, as dúas doses teñen que inxectarse cunha separación de 28 días, fronte aos 21 da de Pfizer. "Destacar a importancia de toda a organización da administración das doses, o rexistro das mesmas e a previsión da segunda dose", indicou.

Vacina contra a Covid da empresa Moderna
Vacina contra a Covid da empresa Moderna | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta