O sector da cultura, da música, a comunicación e o audiovisual, os sectores esquecidos da pandemia

O desemprego creceu nestes sectores case un 10%. Galicia perdeu máis de 23.000 empregos asalariados e autónomos na pandemia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2021 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

Galicia perdeu 23.100 empregos entre asalariados e non asalariados (autónomos, empregadores e outros) na pandemia, segundo un estudo feito público este martes por Adecco. Entre os sectores máis afectados, ademais da hostalaría e ocio nocturno, está a cultura e a comunicación e información.

Teatro con protocolo anticovid. ANA VARELA - Arquivo
Teatro con protocolo anticovid. ANA VARELA - Arquivo

O informe destacaca que houbo fortes retrocesos no emprego de servizos culturais e outros, entre eles a música (caída dun 9,9% coa perda de 8.200 empregos) e información e comunicacións (retroceso dun 9,3%, por 2.600 despedimentos netos).

En Galicia son 8.100 empregos asalariados destruídos pola crise do coronavirus. Os contratos temporais destruídos foron 27.100 (-11,1%), aínda que a contratación indefinida creceu en 18.800 persoas (+2,9%), segundo un estudo de Adecco.

Mentres, a cantidade de non asalariados caeu en 15.000 persoas en Galicia (-6,9%), a terceira variación máis negativa entre todas as autonomías. En detalles, dous de cada tres empregos perdidos en Galicia son de non asalariados.

O número de empregadores baixou un 2,8% interanual (equivale a 1.800 empregos menos) mentres que o de autónomos (non teñen persoal a cargo) baixou un 8,2% (o que supón 11.800 empregos perdidos).

Ao mesmo tempo, o número de 'outros' (onde se inclúen principalmente membros de cooperativas e persoas que axudan no negocio familiar sen remuneración) reduciuse un 19,7%, coa baixada de 1.400 empregos.

Cinco das once ramas de actividade existentes mostraron en Galicia un incremento interanual do emprego: auga e enerxía (+14,7%, equivalente a 2.200 novos empregos); finanzas e seguros (+14,2%; 2.500 novos postos de traballo) e, a máis distancia, construción (+3,8%; 2.800 contratacións máis), rexistran os aumentos máis potentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta