Toque de queda en Galicia: de "alarmista e demoledor" en outubro a "ferramenta interesante" en xaneiro

O Goberno galego non descarta adiantar aínda máis o horario do toque de queda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2021 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

O Goberno galego ve "unha ferramenta interesante" para proseguir na loita contra a covid-19 que o Executivo central permita adiantar máis o toque de queda, ata ás 20.00 horas, na liña do que solicitaron outras comunidades, e non descarta facelo se finalmente é posible.

Un repartidor de Glovo circula por unha rúa. Foto de arquivo.. Ricardo Rubio - Europa Press
Un repartidor de Glovo circula por unha rúa. Foto de arquivo.. Ricardo Rubio - Europa Press | Fonte: Europa Press

A finais de outubro, o presidente da Xunta dicía que España se atopaba nunha situación de "estabilidade" e criticaba ao Goberno central por impoñer o toque de queda que vinculaba cun "estado de excepción". Ao seu modo de ver, esta medida tería un efecto "demoledor" para a economía e a reputación internacional do país.

Así o trasladou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ás portas de que este mércores se reúna o Consello Interterritorial da Saúde e nunha rolda de prensa na que, acompañado doutras autoridades sanitarias, detallou as medidas acordadas polo comité clínico que asesora á Xunta desde o principio da pandemia.

García Comesaña lembrou que a semana pasada xa se reduciu o horario e fixouse o toque de queda nas 22,00 horas en Galicia, á vez que incidiu en que dar a opción de que se poida adiantar máis nas autonomías que o vexan necesario segundo a súa situación epidemiolóxica sería positivo.

O conselleiro rexeitou dar por pechado se Galicia usaría esta medida porque esta "ferramenta" aínda non está dispoñible, pero si subliñou que non descarta facelo.

En canto a se se faría de forma xeral para todo o territorio, lembrou que ata agora sempre se fixou este tipo de horari de forma "homoxénea", polo que, sen pecharse a actuar "de forma cirúrxica" nalgún punto, suxeriu que a decisión se adoptaría en clave autonómica chegado o momento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta