Ampliada a alerta laranxa ás provincias de Pontevedra e A Coruña por ventos de máis de 100 km/h

Desde a medianoite do mércores esta situación estenderase ao noroeste coruñés, así como ás Rías Baixas e na zona pontevedresa do río Miño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2021 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta ampliou a alerta laranxa por ventos, que poderán superar os 100 quilómetros por hora, para estendela ás provincias da Coruña e Pontevedra, ademais de mantela en vigor na comarca da Mariña.

E é que, segundo información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), este fenómeno adverso deixará refachos desde o sur que afectará a partir das últimas horas da tarde á Mariña e ao oeste e suroeste da Coruña. Ademais, desde a medianoite do mércores esta situación estenderase ao noroeste coruñés, así como ás Rías Baixas e na zona pontevedresa do río Miño.

Pola súa banda, a costa de Pontevedra e o litoral oeste e suroeste da Coruña continuarán esta tarde con vento do sur ou suroeste de forza oito e con mar combinado do suroeste con ondas de ata seis metros. Esta situación ampliarase a partir das primeiras horas do mércores ata o noroeste da Coruña, onde tamén se esperan ventos de forza oito.

Por este motivo e co fin de garantir a seguridade de bens e persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincia afectada; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Frota amarrada en Vigo polo temporal. EUROPA PRESS - Arquivo
Frota amarrada en Vigo polo temporal. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta