Allariz amplía ata abril o prazo para gastar os vales de agasallo que repartiu no Nadal

O 'Peto dos Desexos', iniciativa que repartiu 5000 euros en premios, amplía o período para facer efectivos os vales ata o 30 de abril.

Por X.M. Fernández | Allariz | 20/01/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Un total de 35 persoas foron as agraciadas con vales de 200 e de 100 euros por mercar en Allariz durante as pasadas festas de Nadal. Se ben nas bases estaba estipulado que deberían ser gastados estes vales antes do 31 de xaneiro, o Concello decidiu, dadas as circunstancias sanitarias actuais, ampliar o prazo ao 30 de abril. 

Vales da iniciativa 'Peto dos desexos'. Foto: Concello de Allariz
Vales da iniciativa 'Peto dos desexos'. Foto: Concello de Allariz

A Concelleira de Comercio, María López, fixo unha valoración moi positiva desta campaña recoñecendo que "a participación neste ano tan peculiar foi superior a edicións anteriores. Queremos agradecer a toda a xente que aposta polo comercio e negocios de hostalería local, por consumir produtos de proximidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta