Sanidade prohíbe usar as duchas e vestiarios dos ximnasios galegos ante o avance do virus

A norma permitirá habilitar "espazos auxiliares" para situación nas que sexa "estritamente necesario" o seu uso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2021 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade, no decreto de novas medidas para frear a evolución da covid-19, ordenou a prohibición de uso de vestiarios e zonas de ducha de ximnasios e instalacións deportivas excepto "nos casos estritamente necesarios". Segundo recolle o decreto publicado no Diario Oficial de Galicia, e que entrará en vigor ás 00,00 horas do xoves, "en ningún caso" se abrián para os usuarios os vestiarios e zonas de ducha de centros e instalacións deportivas.

En todo caso, en situacións "estritamente necesarias", engade, poderán "habilitarse espazos auxiliares" para este fin. Estes espazos serán ocupados por un máximo dunha persoa --excepto aquelas que precisen asistencia-- e deberá procederse á limpeza e desinfección inmediatamente despois de cada uso, así como á finalización da xornada.

A práctica da actividade física e deportiva non federada ao aire libre poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de catro persoas conviventes ou non, excluído o monitor. Do mesmo xeito, nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual ou colectiva cun máximo de catro persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor, sen contacto físico e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida.

Como xa avanzou o conselleiro García Comesaña este martes, quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico e os adestramentos terán as mesmas limitacións que para os deportistas non federados, isto é, máximo de catro persoas convivientes ou non e respectando tanto os peches perimetrales vixentes como o toque de queda nocturno. Pola súa banda, as competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

Varias persoas camiñan por un paseo marítimo na Coruña. M. Dylan - Europa Press
Varias persoas camiñan por un paseo marítimo na Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta