A Xunta segue a pensar no Xacobeo a pesar do aumento sen precedentes dos contaxios

As autoridades autonómicas avanzan agora que están a traballar nunha "reformulación bienal", e lamentan que as restricións á mobilidaden "dificulten" a adaptación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2021 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, informou de que a Xunta traballa nunha reformulación bienal da programación do Xacobeo tras a prórroga de Ano Santo concedida polo papa Francisco para a súa ampliación a 2022. En resposta a unha pregunta do PSdeG na comisión de Turismo, Nava Castro dixo ser "consciente" de que a evolución da pandemia non permite unha programación "estable", polo que vai ser "adaptable" de forma "continua" en función das restricións. Unha cuestión que obriga a que os grandes actos deben "posporse".

Explica que se esperaba presentar a programación entre finais de xaneiro e comezos de febreiro, pero a "negativa" evolución da covid impídeo. E é que as medidas de mobilidade "dificultan calquera programación cun mínimo de estabilidade", polo que se debe seguir o "sentidiño". "Témonos que adaptar ao que temos", deixa claro.

CRÍTICAS DO PSDEG

Na súa toma da palabra, a deputada socialista Leticia Galego lamentou que se "segue sen saber en que vai consistir a reformulación do Xacobeo", "nin que se vai a facer en Galicia co Xacobeo". "Quedo como estou", dixo sobre a intervención de Nava Castro. "Non nos dixo nada sobre a programación", reprocha. De feito, avisa de que isto lle "leva a pensar que non existe" ningunha previsión de actos, o que lle parece "gravísimo". "Estamos xa coa celebración e aínda non sabemos en que consiste esa programación", quéixase Galego, que avisa dos "máis de 100.000 empregos en perigo" no sector turístico.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta