Pontón dubida da eficacia do toque de recoller e insiste nun confinamento duro de 15 días

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu tanto á Xunta como ao Goberno central medidas "eficaces" para frear os contagios por Covid-19 e volveu a instar a un confinamento de 15 días.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2021 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu tanto á Xunta como ao Goberno central medidas "eficaces" para poñer freo aos contaxios por Covid-19 e volveu a instar a un confinamento de 15 días. A preguntas dos xornalistas, coincidindo coa presentación dun proxecto para a rexeneración das rías, puxo en cuestión a medida de adiantar o toque de queda. Así, manifestou que ten "a sensación" de que "a chave" para frear a pandemia non é esa medida.

Por iso, instou tanto a Xunta como a Goberno a pór sobre a mesa unha medida "real". "Medidas eficaces e contundentes para poder frear a cadea de contaxios que nestes momentos está descontrolada, afectando a miles de persoas e que produciu un número de mortos inasumible como sociedade". Neste sentido, lembrou que o BNG expuxo un confinamento que sexa de 15 días e avaliar, posteriormente, "se é suficiente". A iso, sumoulle medidas económicas para os sectores que sufran restricións.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta