Aprobada a conta xeral do Concello de Santiago de 2019 só co apoio do PSOE

O PP fala de "manual de descontrol e desgoberno" e Compostela Aberta reclama ao goberno municipal "que axilice o pago das axudas sociais".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2021 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Santiago aprobou a conta xeral do ano 2019 cos votos a favor do grupo socialista e a abstención de PP, Compostela Aberta e BNG. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, destacou que "queda moito camiño por percorrer e moito camiño por mellorar", pero valorou que o consistorio está "á beira da cidadanía desde o punto de vista das axudas efectivas".

A aprobación da conta xeral de 2019 defendeuna a concelleira de economía, Marta Abal, quen xustificou que o orzamento de 2019, que estivo en vigor no último cuadrimestre, daba resposta ás necesidades de crédito de máis de 6 millóns que existían no concello.

Ademais, destacou que o investimento "non se pode ver só en termos de capítulos 6 e 7 de investimentos, senón tamén no gasto por habitante, que se incrementou en cultura (11,81%), en educación (2,22%), no medio ambiente (0,71%) en vivenda e urbanismo (2,37%), e en servizos sociais e en promoción social (1,16%)".

Con todo, recoñeceu que os datos son "moi mellorables" e asegurou que niso "se está traballando". Entre outros aspectos a mellorar citou o período medio de pago a provedores.

PP

Por parte do PP, o grupo cualificou esta conta xeral de 2019 como "un manual de descontrol e desgoberno", ao asegurar que no balance "constan máis de 200 reparos de intervención, por gastos de case 9 millóns de euros". Engade que "se adxudicaron case 5 millóns de forma directa e 2,2 millóns sen publicidade", ademais de deixarse "sen executar 36 millóns" e "do destinado a investimentos unicamente executouse un 26%", segundo os populares.

COMPOSTELA ABERTA

Por outra banda, Compostela Aberta reclama ao goberno municipal "que axilice o pago das axudas sociais a través do sistema do anticipo de caixa fixa". 

Xunta de goberno local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO
Xunta de goberno local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta