A Xunta convoca a nova orde de infraestruturas públicas destinada a concellos

Como novidade, primaranse os proxectos de accesibilidade dos edificios e instalacións deportivas municipais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2021 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a nova convocatoria da orde de infraestruturas de uso público destinada a concellos para 2021, que manterá un orzamento de 4 millóns de euros.

Rueda visitou este mércores xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, as melloras levadas a cabo no pavillón deportivo de Carballa, que o Goberno galego apoiou cunha axuda de 40.000 euros no marco desta convocatoria.

A través desta, a Xunta financia os proxectos dos concellos galegos para a creación ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

En concreto, a construción, ampliación ou mellora das redes de luz pública; parques infantís, incluída a posta en marcha de parques cubertos ou a cubrición dos existentes; así como edificios ou dependencias municipais destinadas á prestación de servizos municipais e instalacións deportivas de uso público, onde tamén se apoiará a mellora da súa accesibilidade e a dotación de equipamentos.

De feito, como novidade da convocatoria deste ano, primaranse os proxectos de accesibilidade dos edificios e instalacións deportivas municipais.

As axudas diríxense aos concellos galegos de menos de 30.000 habitantes e financiarase ata o 80% do custo dos proxectos, cun máximo de 40.000 euros para os municipios que presenten solicitude de forma individual e ata 50.000 para os que a realicen de forma conxunta.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a súa intervención.. CONCHI PAZ
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a súa intervención.. CONCHI PAZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta