A Xunta sinala que as axudas do plan de rescate irán a todos os solicitantes que cumpran cos requisitos

O goberno autonómico está a ultimar os pagos ao amparo desta convocatoria para paliar as consecuencias das medidas sanitarias, segundo a conselleira de Emprego e Igualdade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2021 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

O Goberno galego asegurou este mércores que todos os solicitantes que cumpran os requisitos beneficiaranse das axudas incluídas no 'plan de rescate' destinado a autónomos, microempresas e establecementos de hostalaría.

Así o trasladou a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, durante a Mesa do Emprego Autónomo de Galicia, na que explicou que a Xunta está a ultimar os pagos ao amparo desta convocatoria para paliar as consecuencias das medidas sanitarias.

Deste xeito, prevese que en xaneiro finalicen os pagos e que en febreiro estea preparado o segundo plan de rescate, que incluirá de novo axudas directas aos sectores afectados polas novas restricións e "para apoiar a solvencia" das empresas galegas.

Para iso, segundo asegura nun comunicado, a Xunta mantén un "contacto fluído" cos interlocutores sectoriais para perfilar os apoios, con atención "especial" á hostalaría.

Reunión telemática da mesa do emprego autónomo. XUNTA
Reunión telemática da mesa do emprego autónomo. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta