Os emprendedores galegos reivindícanse ante a crise: "sostemos o tecido produtivo do país"

Ascega advirte que "non é suficiente" o apoio das administracións e avisa do perigo do "autoemprendemento por necesidade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2021 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

A Asociación de Emprendedores de Galicia (ASCEGA) defendeu que a creación de negocios é "máis necesaria que nunca" ante a actual "crise económica profunda". A vogal de Formación da entidade, Marta Baspino, sinalou que son os empresarios os que "sostemos o tecido produtivo do país e creamos emprego e actividade".

En rolda de prensa, a representante da asociación denunciou que o apoio das administracións aos interesados en montar unha empresa "non é suficiente" e por iso organizan a séptima edición dun taller de emprendemento que se celebrará en febreiro con "experiencias e casos reais de éxito e de fracaso".

O director do taller, Gonzalo González, advertiu de que a situación económica é "difícil" e que "irá a peor". "Vai provocar autoemprendemento por necesidade que pode ser perigoso. Lánzaste a montar o que sexa porque non che queda outra e isto pódete levar á ruína", alertou, chamando á "prevención" e á formación para emprender.

"No contexto no que nos atopamos xúntanse dous factores: destrúese emprego, pero tampouco se crea novo", sinalou González, que lamentou que a crise sanitaria fai que os empresarios despidan aos empregados porque non ven expectativas de facturación".

DEMANDA DE APOIO

O representante de Ascega comentou que, á parte do "coñecemento técnico para minimizar o fracaso", os emprendedores necesitan "apoio psicolóxico para levar adiante a idea". "Na asociación contámonos o que nos pasou e apoiámonos os uns aos outros", relatou. Ademais das "aptitudes e actitudes", as persoas que queiran montar un negocio, enumerou, teñen que ter en conta "que o produto ou servizo funcione, a normativa e o financiamento". Por último, detallou que "o proxecto debe ser amigable para a sociedade; algo que sexa tendencia e que estea demandado".

Representantes de Ascega ofrecen unha rolda de prensa sobre a situación do comercio na Coruña. ASCEGA
Representantes de Ascega ofrecen unha rolda de prensa sobre a situación do comercio na Coruña. ASCEGA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta