Temas: OMS USC COVID-19

Así axudan as matemáticas a saber como propagan a covid os super-propagadores

Unha tese da Universidade de Vigo afonda na transmisibilidade do virus.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O investigador Faïçal Ndaïrou propón na súa tese de doutoramento novos modelos matemáticos para abordar a evolución da covid-19 e contribuír desde a ciencia á súa mellor xestión.

Defensa online da tese de Faïçal Ndaïrou
Defensa online da tese de Faïçal Ndaïrou | Fonte: Fonte: uvigo

A tese, que está composta por catro artigos, propón “un modelo matemático compartimental para a propagación da enfermidade da covid-19 con énfase na transmisibilidade dos individuos super-propagadores”.

Así, detalla o seu autor, “calculamos o número básico de reprodución, estudamos a estabilidade local do punto de equilibrio libre da enfermidade segundo o número de reprodución básica e investigamos a sensibilidade do modelo con respecto á variación de cada un dos seus parámetros”. 

"EXPLICAR O AVANCE DA ENFERMIDADE"

“Desde que a Organización Mundial da Saúde comezou a publicar datos sobre a existencia desta enfermidade, comezamos a analizalos para tentar dispor dun modelo matemático que permitise explicar o avance da enfermidade”, comenta o investigador, explicando como “nos primeiros días de febreiro de 2020 xa tiñamos o modelo presentado nesta tese de doutoramento”.

O director da tese Iván Area, lembra que se cumpre un ano desde que comezaron a estudar a evolución da pandemia provocada polo coronavirus. Asegura que, cando houbo o primeiro caso en Galicia, elaborouse un informe que foi remitido a todos os partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia advertindo do avance da pandemia: “Segundo as simulacións realizadas, o maior número de persoas novas infectadas tería lugar o 5 de abril, coincidindo coa data inicialmente prevista para as eleccións galegas”.

Grazas á tese púidose predicir as persoas infectadas, hospitalizadas e nas unidades de coidados intensivos a nivel galego: “Ter predicións cun nivel aceptable de fiabilidade pode permitir pensar en decisións tan complexas como: é necesario un novo hospital? é necesario cancelar as operacións non vitais en toda Galicia? é preciso contar con estudantes de últimos anos para tarefas que deberan ser realizadas por profesionais nos hospitais?”, comenta Faïçal Ndaïrou sobre a relevancia do traballo desenvolvido.

UNHA TESE CONXUNTA

A tese, titulada Modelado matemático de certas enfermidades relacionadas coa auga, de Faïçal Ndaïrou estivo dirixida por Iván Area, profesor titular da Universidade de Vigo e Delfim Fernando Marado Torres, da Universidade de Aveiro de Portugal.

Contaron coa axuda de Juan José Nieto, catedrático de Análise Matemático na Universidad de Santiago de Compostela e a doutora Cristiana João da Silva. E a tese foi realizada no marco do Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento do proxecto de especialización do campus de Ourense e contaron coa axuda de 

Temas: OMS USC COVID-19
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta