Feijóo mantén que o toque de queda ten "efectos reputacionais" pero pide adiantalo ás 20.00 horas

"Non me gusta a denominación e non creo que me deba reprender ninguén por manter o que dixen", dixo sobre as manifestacións que fixo hai tres meses ao dicir que o estadod e alarma era "demoledro, alarmista" e que "afundiría a reputación de España".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2021 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cargou este xoves contra a "falta de rigor" do Goberno central por non acceder á petición formulada por varias comunidades, entre elas a galega, de adiantar o toque de queda. "Nin xestiona nin deixa xestionar", afeou, antes de esgrimir que o comité clínico que asesora ao Executivo autonómico na pandemia vía clave esta "ferramenta".

Feijóo en rolda de prensa.. Xunta de Galicia
Feijóo en rolda de prensa.. Xunta de Galicia

Unha ferramenta que hai menos de tres meses o propio Feijóo consideraba que "alarmista e demoledora" e que "afundiría a reputación" de España. Por iso, Galicia Confidencial preguntoulle na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta se se equivou con esa afirmación e se recoñece, agora, que o toque de queda é unha boa medida para conter a pandemia. 

Pero lonxe de recoñecelo, o presidente da Xunta mantivo as palabras de entón e insistiu en que é un "erro" chamarlle toque de queda porque ten "efectos reputacionais". Neste sentido e, ao mesmo tempo que reclama poder adiantalo ás 20.00 horas, asegura que podían utilizarse outras ferramentas "diferentes", como é unha "lei sanitara". "Se tiveramos unha orde sanitaria aprobada xa non dependeriamos dos toques de queda", dixo.  "Non me gusta a denominación e non creo que me deba reprender ninguén por manter o que dixen", engadiu.

PERO INSISTE EN ADIANTALO

Con todo, Feijóo confesou "sorpresa e frustración" por comprobar que no Consello Interterritorial da Saúde o Goberno central negouse a "flexibilizar" o horario do toque de queda. "Isto impide traballar con ferramentas que as comunidades necesitan para facer fronte á covid-19", apuntou.

O presidente galego esgrimiu que comunidades con gobernos de distintas cores políticas (nacionalistas, socialistas ou populares) sumáronse á petición, polo que non "hai diferenza ideolóxica" na solicitude. En fronte, si constatou "falta de rigor" por parte do Goberno central e, en concreto, do Ministerio de Sanidade.

"Non podemos máis que lamentar publicamente a falta de rigor xa non de quen xestiona a pandemia porque non o fai, senón de quen non a deixa xestionar. Estamos afeitos a que non fagan cousas, pero pedimos que nos deixen traballar", esixiu, "e xa asumirei eu as responsabilidades que teña que asumir".

"QUE HAI DETRÁS?"

Neste sentido, acusou ao ministro Salvador Illa de ter outros "intereses" distintos aos sanitarios para non aplicar o toque de queda. "Non sabemos que hai detrás para negalo. Por que nolo impiden?. Hai algún interese?. Pode ser porque hai procesos electorais que prexudican a un partido", preguntouse en relación ás eleccións catalanas onde o ministro vai de cabeza de lista do PSdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 que nivel maribel!!!

Para ter efectos reputacionáis, primeiro hai que ter reputación!! Por certo facer o ridículo durante un ano os políticos españois de todo pelaxe..... para eso master card!!!!!!