A Xunta estuda semiconfinar a boa parte de Galicia nos próximos días

Podería aplicar severas restricións, como as postas en marcha no Carballiño, Vimianzo, Viveiro e Xinzo, en boa parte do país. Con todo, Feijóo descarta un confinamento total como o posto en marcho o pasado marzo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/01/2021 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

A Xunta podería semiconfinar a boa parte de Galicia nos vindeiros días se non mellora a situación epidemiolóxica. Así o avanzou o presidente galego que avanzou que se poderían "intensificar e ampliar máis medidas e restricións nos vindeiros días" nos máis de 100 concellos xa pechados perimetralmente e con limitacións horarias. 

Un control da Policía Local en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press
Un control da Policía Local en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press

Alberto Núñez Feijóo referiuse deste xeito ao modelo aplicado na segunda onda no Carballiño e repetido hai uns días en Arteixo, Viveiro e Xinzo de Limia. Un modelo que mantén pechada nos tres municipios calquera actividade non esencial, así como toda a hostalería, que só poderá ter servizo de recollida e de reparto a domicilio. Tamén están pechados os ximnasios, establecementos de xogo, bibliotecas e as actividades culturais.

O presidente galego defendeu a posta en marcha de novas medidas ante o aumento no número de contaxios e tamén da presión hospitalario pola covid. Neste sentido, recoñeceu que esta terceira onda xa é "moi superior" á segunda e que "tamén será superior en hospitalización e presión UCI a da primeira onda"

"Temos que facer esforzos, pero hai cidadáns que non os fan, e por iso, obrigan a que intensifiquemos as medidas que seguirán sendo, cada vez, máis restritivas", avanzou. Neste sentido, defendeu os protocolos activados polo Sergas para a contención da pandemia e suliñou que, se pasan duns mínimos, pois é normal que se apliquen restricións. "Seguiremos aplicando as medidas en función dos datos epidemiolóxicos", suliñou. 

HOSTALARÍA

Neste sentido, non descartou un peche total da hostalaría. "É unha probabilidade", engadiu pero dixo que, antes deberá decidilo o Comité Clínico e, logo, "haberá que falalo" co sector hostaleiro. 

Pola contra, Feijóo rexeitou un confinamento total da poboación, como o acontecido en marzo. "Esa medida debería ser a última en tomarse", apuntou ao aludir que, polo momento, "hai medidas menos traumáticas que esa".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 discrepo

Vamos a ver anónimo, cada uno con sus criterios, siempre respetable...., pero es demasiado evidente que las decisiones que se toman son lentas, poco valientes y muy costosas en términos de salud pública y vidas humanas... lo evidencian las cifras... cuantos muertos necesitan para ver que hace semanas que deberíamos estar confinados, si quieres por determinados territorios pero con muchas más limitaciones... y lo de la navidad qué... y no me digan que no estaban advertidos.... lamentable... por no decir lo de ir cazar... muy bien sigamos así ... solo son vidas humanas porque votos non les van faltar.... patético!!!!

1 comoeraaquelodamacarena...

Deberiamos estar máis tranquilos xa que nos próximos días haberá diversos comités para que nas semanas vindeiras se saquen conclusións, que nos leven nos meses que veñen a posibilitar un debate sosegado sobre qué facer os próximos anos.... política made in spin!!!

1 anonimo

Pois vai ser que non. A semán que ven,posiblemente, quedará cerrada toda a actividade non esencial en moitos concellos, ademáis dos que xa hai. Non é que se poñan a pensalo e tomen a decisión en tres meses.