Feijóo anuncia un segundo plan de rescate "poñan ou non diñeiro as administracións locais"

O presidente galego presume de que destinará 140 millóns de euros para autónomos e hosteleiros en 90 días.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/01/2021 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

A Xunta porá en marcha un "segundo plan de rescate" para o sector da hostalaría e os autónomos logo do agravamento da situación económica pola chegada dunha terceira onda que semella imparable polo momento. Así o anunciou o presidente galego que dixo que este plan activarase "poñan ou non diñeiro as administracións locais".

Un traballador limpa a lousa dun establecemento pechado durante o primeiro día de peche na hostalaría decretado debido á crise do Covid-19, en Santiago de Compostela, Galicia, (España), a 7 de novembro.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Un traballador limpa a lousa dun establecemento pechado durante o primeiro día de peche na hostalaría decretado debido á crise do Covid-19, en Santiago de Compostela, Galicia, (España), a 7 de novembro.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

E é que Alberto Núñez Feijóo referiuse a proposta que lanzou hai uns días para que non só o Goberno galego, senón tamén as deputacións e os concellos, participan neste plan de rescate. Unha proposta de participación que incomodou a numerosas entidades locais e provinciais que criticaron unha medida que non foi consultada con eles cando moitas destas administracións teñen xa aberto liñas de axudas propias para distintos sectores económicos.

O propio xefe do executivo galego acabou recoñecendo que concellos como o de Santiago ou A Coruña, ou deputacións como a da Coruña ou Ourense si abriron liñas propias de axuda para os sectores afectados.

Con todo, e a pesar de anunciar este segundo plan sen falalo aínda con estas administracións, Feijóo dixo que tentará buscar "unha postura común". Pero mentres non chegue este consenso, a Xunta activou xa o seu segundo plan de rescate que contará con 50 millóns de euros.

"Esta cantidade, sumada as axudas anteriores, supoñen 140 millóns de euros que a Xunta destinou ou vai destinar aos sectores afectados en 90 días", suliñou Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta deste xoves. Neste sentido, presumiu de que 67 millóns xa foron pagados, deles, 37 millóns ao sector da hostalaría. "O 31% dos hostaleiros recibiron entre 2.700 e 3.500 euros, o 21% entre 5.500 e 5.700 e o 15% entre 6.700 e 8.500", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta