Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2021 | Actualizada ás 17:27
A borrasca 'Hortensia' que afecta a Galicia desde este xoves motivou o peche dos parques e jardínes públicos de Lugo e A Coruña, municipio que tamén decretou a clausura dos accesos ás praias ante o temporal que podería deixar ondas de máis de 5 metros no litoral.
O vento e a choiva foron os protagonistas deste xoves na práctica totalidade da xeografía galega, onde foron moitos os puntos que rexistraron refachos de vento de máis de 100 quilómetros por hora.
O refacho máximo foron os 129,4 quilómetros horas rexistrados en Viveiro minutos antes das 13,00 horas. A forza do vento alcanzou niveis similares cos 128,6 quilómetros hora captados en Cedeira.
Pero os fortes ventos non foron exclusivos do litoral, senón que tamén foron varios os puntos do interior nos que se chegou a picos de máis de 100 kiómetros horas, especialmente en zonas elevadas como A Pontenova, pero tamén noutras como Vimianzo.
Con todo, as precipitacións foron menos copiosas que as rexistradas o mércores, cando pasou por Galicia a borrasca 'Gaetan'. Os 41,5 litros por metro cadrado caídos en Entrimo son a máxima da xornada, lonxe dos 98 recolleitos en Santa Comba na tarde do mércores.
Con todo, a central do 112 non rexistrou incidencias relevantes no que vai de xornada por incidencia de temporal, que se prevé que se endureza este xoves, día no que toda Galicia estará en aviso, ben amarelo ou laranxa, polos efectos da borrasca 'Hortensia'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.