O BNG pide ao Goberno central a intervención pública de Alu Ibérica

Considera que é "a única alternativa viable".

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 21/01/2021 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O BNG insta o Goberno central á intervención pública de Alu Ibérica para "salvar" o emprego, segundo informa tras a reunión mantida por unha representación da formación nacionalista co comité de empresa, no marco das mobilizacións convocadas polo persoal e da folga indefinida que manteñen.

Traballadores de Alu Ibérica secundan unha protesta no marco da folga indefinida
Traballadores de Alu Ibérica secundan unha protesta no marco da folga indefinida | Fonte: Comité de empresa.

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou, tras un encontro que tivo lugar o mércores, unha proposición non de lei para reclamar a intervención ao Executivo. En maio do ano pasado, esta formación xa lle interpelou sobre ao anuncio de venda da planta de Alu Ibérica da Coruña, "tan só oito meses despois de que se formalizase a transmisión das plantas de Alcoa Avilés e A Coruña a Parter Capital".

O deputado nacionalista argumenta que a operación de venda por parte de Parter Capital ao Grupo Riesgo "fíxose de forma apresurada e sen que tan sequera se informase ao comité de empresa". "Desde que se fixo pública a adquisición, os representantes dos traballadores da factoría advertían sobre a dubidosa solvencia dos novos compradores".

O BNG alega tamén que "a única alternativa viable é que o Goberno do Estado interveña a planta de forma que posteriormente a SEPI poida buscar un investidor fiable que se comprometa a desenvolver o tan necesario plan de reactivación industrial da factoría e garanta o mantemento da actividade e dos postos de traballo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Jose Manuel Souto Lamas

O BNG si ten politica industrial para este pais: Nacionalizacions sectores estratexicos. AVANTE!

1 Pontonísimos

Pois cando o BNG ostentou a Consellería de Industria da Xunta entre o 2005 e o 2009, non fixo absolutamente nada. Iso si, o conselleiro upegallo acabou imputado. Unha "política industrial" brillante.