Hortensia deixa ventos de case 140 km/h na montaña de Ourense

Tamén se superaron os 100 km/h en moitos puntos de Galicia. A borrasca pode deixar ondas de cinco a sete metros no litoral.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2021 | Actualizada ás 09:52

Comparte esta noticia

A borrasca 'Hortensia' deixou ao seu paso por Galicia na madrugada do venres ventos que superaron os 110 quilómetros hora tanto en puntos da costa como do interior da comunidade, segundo recollen os medidores de Metegalicia.

O refacho máximo da madrugada, na que toda Galicia permaneceu en aviso laranxa por vento, alerta que se manterá ao longo do día; rexistrouse en Xares --A Veiga-- con 139,2 quilómetros hora, seguidos polo 134 km/h captados na cabeza de Manzaneda.

Pero o forte vento afectou a case toda a xeografía galega, tanto en puntos da costa --en Malpica chegouse aos 111,5 quilómetros hora--, como o interior, onde houbo refachos máximos de 126,5 quilómetros hora en Fornelos de Montes ou de 111,6 km/h en Avión.

Nos puntos altos da comunidade (estacións de Meteogalicia por encima dos 900 metros) os ventos rozaron o 120 km/h en Cervantes (Lugo) e Muras (Lugo).

Transeúntes camiñan protexidos por unha vía da Coruña. M. Dylan - Europa Press
Transeúntes camiñan protexidos por unha vía da Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

ALERTA

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta mantén este venres a alerta laranxa polo temporal en toda Galicia, onde os refachos de vento poderán alcanzar ata 100 quilómetros por hora.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) previu que se rexistre un fenómeno adverso de nivel laranxa por vento do suroeste de forza 8 e mar combinado do oeste-suroeste. Ademais, as ondas poderán alcanzar entre cinco e sete metros de altitude no litoral noroeste, suroeste e oeste nas provincias da Coruña e Lugo, as Rías Baixas e a zona do Miño de Pontevedra.

Así mesmo, activouse a alerta laranxa por vento, o que implica que poderán alcanzarse refachos de ata 100 quilómetros por hora no noroeste, oeste e suroeste da Coruña, a montaña e a comarca da Mariña en Lugo e a zona de montaña de Ourense. Tamén se prevé que os refachos de vento alcancen os 90 quilómetros por hora no interior da Coruña, o centro e o sur de Lugo, o noroeste e sur de Ourense e o interior da provincia de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta