Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2021 | Actualizada ás 13:59
A Xunta interveu a residencia Quercus do municipio ourensán de Leiro, que acumula 68 usuarios contaxiados e outros 15 traballadores con enfermidade activa.
A decisión da Administración autonómica adóptase tras o incremento de casos rexistrado nas últimas horas, que pasaron de 27 a 68 residentes con coronavirus en só 24 horas. Deste xeito, as consellerías de Sanidade e Política Social asumen a xestión do centro para "garantir a calidade asistencial" e "a correcta protección" de usuarios e traballadores.
Así as cousas, un equipo de Política Social atópase desde a mañá deste venres na residencia para realizar un seguimento permanente dos residentes e velar pola correcta aplicación das medidas preventivas. Pola súa banda, os profesionais do Sergas vixiarán a prestación da atención sanitaria precisa.
Con estes datos e a falta de coñecer o balance diario de casos nas residencias de maiores, a residencia Quercus atópase entre os xeriátricos máis afectados pola pandemia e súmase a outros centros xa intervidos pola administración.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.