Seguen crecendo os contaxios entre estudantes e as aulas pechadas

Acumúlanse xa 2.628 alumnos positivos en covid-19 e aumentan a 114 as aulas en corentena.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/01/2021 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

O sistema educativo galego volve tocar teito en número de casos de coronavirus ao experimentar un novo incremento de 167 positivos respecto das cifras do día anterior, o que eleva o total de contaxios a 2.628, marca no que vai de curso. Así mesmo, segundo figura no balance ofrecido polas autoridades sanitarias, son xa 114 as aulas en corentena, 11 máis que hai 24 horas.

Neno xoga nun centro educativo
Neno xoga nun centro educativo | Fonte: Xunta.

Ademais, mantéñense pechadas debido aos contaxios rexistrados seis escolas infantís: as unitarias de Crecente e Forcarei, ambas as dúas na provincia de Pontevedra; o Punto de Atención á Infancia (PAI) de Riós (Ourense), Pequenucos de Cuntis, a E.I. municipal de Viveiro (Lugo) e á Unitaria da Pobra de Trives (Ourense).

A tendencia de incrementos no número de contaxios continúa en todas as áreas sanitarias, especialmente na Coruña, Vigo e Santiago, que suman máis do 60% de casos totais na comunidade educativa galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta