A costa galega segue en aviso laranxa por un temporal que manterá en alerta zonas do interior

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2021 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

Toda a costa de Galicia continuará este sábado 23 de xaneiro en aviso laranxa por un temporal que tamén manterá en alerta a varios puntos do interior da comunidade como a montaña de Lugo, o interior de Pontevedra e toda a provincia de Ourense.

Nestas zonas do interior o aviso será amarelo e estará activado tamén en terra da Mariña luguesa ante a previsión de ventos de máis de 70 quilómetros por hora.

No interior de Pontevedra a alerta fai referencia ás precipitacións, que poderían superar os 40 litros por metro cadrado.

Na costa o aviso será laranxa por ventos de forza 8 e mar combinado coas de máis de 5 metros ata as 09,00 horas do sábado.

Nese momento espérase que amaine o temporal, aínda que o aviso pasará de laranxa a amarelo ata as 18,00 horas, cando se estima que a borrasca deixaría de afectar á Comunidade galega.

Temporal
Temporal | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta