Galicia encadea récords de contaxios e dobra a ocupación da UCI en menos de dúas semanas

A comunidade segue camiño de pasar os 20.000 casos activos e o milleiro de ingresados se se mantén a tendencia dos últimos días

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2021 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

Galicia suma este sábado case 1.900 contaxios detectados e 35 hospitalizados máis nunha nova xornada de máximos desde o inicio da crise sanitaria na que a taxa de positividade das probas PCR practicadas volveu estar por encima do 12%, sete puntos máis do que establece a OMS para dar por controlada a pandemia.

Así figura na actualización dos datos da pandemia en Galicia que diariamente colga na súa páxina web a Consellería de Sanidade con información recollida ata as 18:00 horas do día previo.

Ata ese momento, Galicia detectara nas 24 horas anteriores (por calquera tipo de proba diagnóstica) un total de 1.888 contaxios de Covid-19, 86 máis que o día anterior. Deles, 1.515 (+10) foron casos confirmados por positivo nas 12.332 probas PCR (+153) practicadas durante a xornada.

Tanto o número de contaxioos totais detectados como os positivos en PCR supoñen novos teitos da pandemia, que Galicia foi elevando cada día desde practicamente o fin das festas do Nadal. As cifras deste sábado tamén supoñen nova marca de casos activos, que chegan xa a 18.286 tras sumarse ao cómputo 1.161 en só unha xornada.

Así, Galicia continúa no camiño de alcanzar os 20.000 casos activos se se mantén a tendencia dos últimos días, nos que se produciron incrementos diarios de en torno ao milleiro. Tamén segue en rumbo de pasar o limiar dos 1.000 hospitalizados, pois os datos deste sábado reflicten unha nova subida que deixa o total de pacientes covid-19 en Galicia nos 967, 142 deles na UCI.

Isto supón que o número de ingresados subiu en 35 en 24 horas, mentres que hai cinco pacientes máis que precisan coidados intensivos dos que había o día anterior. Con isto, a ocupación en UCI dobrouse respecto das cifras do luns 11 xaneiro.

Por áreas, unicamente mellora a presión hospitalaria en Santiago-Barbanza, que experimenta un descenso de nove pacientes ingresados ata os 133, 27 deles na UCI (-1). No resto sobe o total de hospitalizados salvo en Pontevedra, onde o cómputo de pacientes se mantén en 97 cunha leve diminución nas unidades de críticos, que pasan a estar ocupadas por 13 (-1) persoas.

Destaca o incremento que rexistra A Coruña-Cee, a área con máis ingresados de Galicia con 264 (+14), 38 en UCI (sen cambios). Tamén experimenta unha subida de dous díxitos Vigo, onde se elevan a 148 os hospitalizados (+11), dos cales hai 22 en críticos (+1).

O distrito sanitario de Ourense-Verín-O Barco presenta a mesma variación con once ingresados máis ata os 141 e a pacientes UCI soben a 12 (+12). Tras a área ourensá está Ferrol, onde hai 132 ingresados con covid-19 (+1), dos cales 19 necesitan coidados intensivos (+3).

Por último, mantense como zona con menos hospitalizados a área de Lugo-A Mariña-Monforte aínda que os ingresados soben a 52 (+6), 11 deles en UCI (+1).

MARCA DE CONTAXIOS E POSITIVOS PCR

Así as cousas, Galicia continúa elevando cada día desde hai unha semana as súas máximas da pandemia en canto a casos detectados en 24 horas e positivos activos totais. 
O teito queda fixado nos 1.888 contaxios confirmados (por calquera tipo de proba) que notifica Sanidade este sábado, 86 máis que o día anterior. Deles, 1.515 foron positivos por proba PCR (+10) nunha xornada na que se fixeron 12.332 test (1.309.379 desde marzo), o que supón unha taxa de positividade do 12,5%, de novo en niveis máximos da crise sanitaria.

Así, Galicia continúa sete puntos por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia, un indicador do que non se baixa na Comunidade galega desde o 24 de decembro. De feito, só Pontevedra (8,5%) e Ourense (8,8%) baixan do 10% de PCR positivas no último día, no que Vigo, Ferrol e A Coruña superaron o 15%.

Esta última área santiaria achega un cuarto dos casos novos detectados. Na Coruña-Cee, o distrito con máis casos activos e hospitalizados, diagnosticouse covid a 549 persoas, 103 máis que o día anterior. Os contaxios deste distrito son máis de 200 en comparación coa segunda área que máis casos achega no último día, que foi Vigo, onde se detectaron 331 casos (-23). Tras ela situáronse Ourense con 264 (+11) e Santiago, con 253 (-42).

Por baixo dos 200 contaxios quedaron o resto de áreas sanitarias galegas: Lugo, con 188 (+25); Ourense, con 154 (-8); e Ferrol, con 149 (-20).

CASOS ACTIVOS

Deste xeito, e tras outro incremento diario por encima do milleiro, Galicia alcanza novo máximo de casos activos con 18.286 (+1.161). Trátase do terceiro día consecutivo no que as persoas con enfermidade aumenta por encima dos 1.000, co que, de seguir esta tendencia, a Comunidade galega camiña cara a alcanzar a comezos da próxima semana os 20.000 casos activos.

Máis do 25% do total de pacientes con enfermidade activa atópanse na área sanitaria da Coruña-Cee, que suma este sábado 4.826 tras outra subida de máis de 400 en só 24 horas (+414). A zona de influencia da outra gran cidade galega, Vigo, é a segunda no total de casos activos con 3.349 (+186).

A elas séguelle o distrito Santiago-Barbanza, que queda ao bordo dos 3.000 casos activos con 2.947 (+104); e, a continuación, está Ourense, que aglutina 2.568 casos activos (+155). O resto de áreas mantéñense por baixo dos 2.000 aínda que seguen co ritmo de crecemento dos últimos días: Pontevedra, 1.579 (+94); Lugo, 1.545 (+104); e Ferrol, 1.472 (+104).

ALTAS, CASOS E FALECIDOS

Así as cousas, en Galicia contaxiáronse de coronavirus 85.251 persoas desde o principio da pandemia. A área da Coruña-Cee foi a máis afectada, cun total de 19.330 diagnosticados, seguida de Vigo (16.593), Santiago-Barbanza (14.018), Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras (11.706), Lugo-A Mariña-Monforte (9.059), Pontevedra-O Salnés (8.844) e Ferrol (5.701).

Do total de persoas afectadas pola covid-19 curáronse 65.375 --713 nas últimas 24 horas--, mentres que a cifra de falecidos alcanza xa os 1.599, despois de que Sanidade notificase 15 falecementos nas últimas horas.

Xente paseando pola Rua de Conde Pallares en Lugo. Carlos Castro - Europa Press
Xente paseando pola Rua de Conde Pallares en Lugo. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta