A Audiencia de Ourense anula as escoitas telefónicas da 'Operación Zamburiña'

A presidenta do Tribunal, que cualificou de "sospeitoso" o oficio de asuntos internos que indicaba que había que "ponderar a súa verosimilitude".

Por E.P. | Ourense | 25/01/2021 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense declarou nulo o auto inicial de escoitas telefónicas da 'Operación Zamburiña', tal e como como solicitaban as defensas. A maxistrada anula deste xeito as escoitas e todas as probas obtidas en base a elas.

Xuízo na Audiencia de Ourense
Xuízo na Audiencia de Ourense | Fonte: ÓSCAR PINAL-POOL

A Sala considerou que o oficio remitido por asuntos internos ao instrutor, tomando como base un anónimo, daba pé a "un expediente administrativo" pero "non daba unha base sólida para vulnerar o segredo das comunicacións".

"Todo o que deriva das escoitas telefónicas determina nulidade das probas", aseverou a presidenta do Tribunal, que cualificou de "sospeitoso" o oficio de asuntos internos asegurando que a nota "necesitaba unha ponderación reforzada sobre a súa verosimilitude". Así pois, trasladou que, tras analizar os distintos factores ao longo da semana, concluíron que "non poden servir de inxerencia no segredo das comunicacións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta