O comercio galego pide "axudas directas xa" logo de que Feijóo anunciase as novas restricións

Demandan subvencións e axudas para a "liquidación de traballadores" que non poidan manter tras a súa recuperación despois dos ERTE

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2021 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Comercio reivindica "axudas directas xa" para os comercios tras as novas restricións anunciadas pola Xunta que implican o peche do comercio non esencial ás 18,00 horas e que os centros comerciais permanezan pechados o fin de semana.

Así o manifestouo presidente da entidade, José María Seijas, quen sinalou que confía en que estas medidas "non estean tomadas caprichosamente" senón por "expertos sanitarios".

Por iso, insistiu en que estas medidas que afectan ao comercio galego requiren que "se acelere" a implementación de "axudas directas" para estes negocios. "Non podemos aceptar máis préstamos porque nos endebedamos máis", explicou Seijas, quen resaltou a necesidade de "axudas directas e a supresión de impostos" a estes negocios afectados.

Nesta liña, demandou subvencións e axudas para a "liquidación de traballadores" que non poidan manter tras a súa recuperación despois dos ERTE. "Ten que haber unha axuda para a xente que non se poida manter", sentenciou.

Tenda, comercio. EUROPA PRESS - Arquivo
Tenda, comercio. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta