Evacuados por precaución alumnos dun instituto de Santiago por un incendio

O lume iniciouse nunha caldeira e os docentes non foron quen de sufucalo cun extintor.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2021 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

Os alumnos dos cursos de nocturno do Instituto de Fontiñas, en Santiago de Compostela, tiveron que abandonar por precaución as instalacións despois de declararse un incendio nunha caldeira este luns.

Así o informou o 112 Galicia, que relatou que foi o propio equipo docente quen, sobre as 20,00 horas deste luns, contactou co servizo de emerxencias para pedir axuda, xa que trataron sen éxito sufocar o incendio cun extintor.

Por iso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitouse a colaboración dos Bombeiros de Santiago para facerse cargo da extinción definitiva dun pequeno lume que se limitou a unha caldeira, indicaron as mesmas fontes.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta