Como se pode facer para que o sector apícola e que sexa máis sustentable?

Un equipo da UVigo participa nun proxecto para mellorar a sostibilidade do sector apícola.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Grupo de Investigación Plantas, Solo e Aproveitamento de Subprodutos BV1 da UVigo, está a participar nun proxecto que, baixo o título 'Innovación no proceso produtivo para unha apicultura sostible', ten como obxectivo principal incrementar a competitividade e sostibilidade deste sector a través da diversificación da produción apícola e da redución dos custes de produción.

Abellas
Abellas | Fonte: Fonte: UVigo

O proxecto, liderado pola Agrupación Apícola de Galicia e realizado en colaboración con empresas e apicultores do sector, está cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, na convocatoria de 2020.

A participación da UVigo, liderada por M. Carmen Seijo, profesora e investigadora do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo da UVigo, aposta pola pola innovación no proceso produtivo para unha apicultura sustentable. O equipo participante defende que “a apicultura é unha das actividades agrogandeiras de maior tradición en Galicia pero tamén unha das máis vulnerables aos cambios que suceden nunha contorna globalizada actual”.

SECTOR AGRÍCOLA PRODUTIVO E COMPETITIVO

Neste contexto, as liñas de traballo do grupo de investigación BV1 están encamiñadas, tal e como apuntan as súas responsables, a “fomentar un sector apícola produtivo, competitivo, con alto grao de resiliencia ás ameazas e economicamente viable”.

Equipo do proxecto para mellorar a sostibilidade do sector apícola
Equipo do proxecto para mellorar a sostibilidade do sector apícola | Fonte: Fonte: UVigo

 

Para conseguir estes obxectivos, as investigadoras apostan por poñer en valor os produtos da colmea como o pole e os propóleos: “A obtención de ambos produtos está cada vez máis introducida, constituíndo unha alternativa económica para os apicultores en anos de mala colleita de mel”, indican. 

 

Por outra banda, apostan pola introdución de novas tecnoloxías para facilitar o manexo das colmeas instalando sistemas de monitorización que permitan obter datos para mellorar a xestión das explotacións apícolas. “Estes sistemas de monitorización constitúen un método de seguimento en remoto das colonias, podendo proporcionarnos datos como o estado xeral da colonia, a entrada de fluxo de néctar ou a presión de velutina”, comentan as investigadoras.

 

Deste xeito, búscase “reducir as operacións dos abelleiros, os custes operativos e directos, que dadas as características de Galicia representan case o 70% dos custes produtivos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta