Protestas no Campus de Ourense polos "recortes" do servizo de limpeza en plena pandemia

A CIG apunta á empresa adxudicataria e sinala que a redución "incumpre o prego de condicións".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2021 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Continúan as mobilizacións no campus universitario de Ourense contra a concesarionaria de limpeza Samyl por "eliminar horas de traballo" en plena pandemia. As protestas, que deron comezo na xornada deste martes, veñen marcadas polo que a CIG-Servizos considera un "incumprimento" do prego de condicións da adxudicación como consecuencia dos recortes aplicados. 

Protestas no Campus de Ourense polos 'recortes' no servizo de limpeza
Protestas no Campus de Ourense polos 'recortes' no servizo de limpeza | Fonte: CIG-Servizos

Segundo destacan dende a federación de Servizos nun comunicado público, a dirección de Samyl "leva tempo aplicando unha serie de recortes no servizo". De acordo coas mesmas fontes, a redución de horas tería sido desenvolta "aproveitando a xubilación dalgunhas empregadas e empregados". “En marzo xubilouse unha traballadora e recortaron 10 horas semanais, polo que reclamamos que, tal e como establece o convenio, estas horas sexan repartidas entre o resto do persoal”, explican.

De acordo coas mesmas fontes, a falta de reparto deste horario provoca que as horas contempladas no prego de condicións non se cumplen. "Das 624'50 horas semanais estanse a facer unicamente 473", explican. Segundo a CIG-Servizos, a problemática é se cabe máis grave porque a empresa "tampouco cubriu a praza dunha persoa que se atopa de baixa". “O que fan é aproveitar os períodos vacacionais, cando menos carga de traballo hai, para asignarlle horas ao persoal e deste xeito cumprir o mínimo que esixe o prego”, sinalan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta