Toda Galicia exposta a altos niveis de gas radón

O territorio galego é o máis exposto no Estado a este gas radiactivo, segundo se observa no primeiro mapa que utiliza métodos estatísticos para delimitar as zonas máis expostas ao radon, presentado por científicos da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e o Consello de Seguridade Nuclear (CSN).

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/07/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Case a totalidade do territorio galego está exposto ao radon. Así se observa no primeiro mapa que delimita as zonas do Estado máis expostas a este gas radiactivo, que é a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaquismo. De feito, este gas é responsable do 25% das mortes por este cancro en Galicia, cuxo territorio está considerado área de alto risco.

Primeiro mapa que delimita as zonas do Estado máis expostas ao gas radon
Primeiro mapa que delimita as zonas do Estado máis expostas ao gas radon | Fonte: UNED

O mapa foi elaborado por científicos da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e o Consello de Seguridade Nuclear (CSN). Trátase da primeira carta que utiliza métodos estatísticos para delimitar as zonas da Península con maior risco de exposición a radón, onde hai unha porcentaxe significativa dos edificios con niveis superiores a 300 Bq/m3 (becquerelios por metro cúbico de aire).

Os autores explican nun artigo publicado en 'Journal of Radiological Protection' que se trata do "primeiro mapa no que se identifican a nivel peninsular as áreas con risco de radón", e nel se observa como Galicia é a autonomía máis exposta. 

En xeral, a parte occidental do Estado é a máis exposta ao radon, sendo especialmente significativa a exposición na zona noroccidental: practicamente toda Galicia, o oeste de Asturias e a parte máis occidental de Castela e León. Tamén se observan altos niveis en Estremadura, zonas do norte de Andalucía, serra de Madrid e puntos de Cataluña e Pirineos tamén son áreas con niveis superiores deste gas.

Segundo os científicos, "case todas estas zonas teñen en común que os seus chans desenvolvéronse a partir de formacións do dominio Hercínico, constituído, principalmente, por rocas precámbricas e paleozoicas".

O gas radon está orixinado pola desintegración do radio e do uranio, presentes nos chans. Por iso, os expertos sinalan que as concentracións máis elevadas do gas danse nos sotos e nas plantas baixas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

1 eueu

Isto já foi abordado pola extraordinária lei de vivenda da Teresa Táboas, que foi barrida pola PPaifocada en poucas semanas, primando a especulaçom por riba de tudo.

1 outrooutro

Cal Lei? Aquela que expropiaba sen piedade ós paisanos as súas leiras e casas, que tanto traballo costou a eles e ós seus devanceiros conseguir, pagando precios irrisorios? Déixaa ir...

2 dorna

A Táboas era aquela señoritiña que estaba no baile dos vellos montado polo vicepresidente Quin, o espectáculo máis vergoñento de manipulación dos maiores polo BENEGUAI no poder. Que difícil facer casar modernidade e clientelismo! Se cadra foi unha idea do Suso Vega, asesor do chiringuito cando deixou de ser comunista e pasou a ser comedor. O baile, a esencia da nación, Quin dixera.

3 eusi

Podedes estar de acordo ou non co Bng e a exconselleira, pero lei era un avance para a sua época en todos os eidos, e de expropiar nada de nada: INVENTOS DA DEREITONA CASPOSA, COMA SEMPRE AMEDRENTANDO CON LEVAR A VAQUIÑA, PPatéticos!

4 ant0n

Que se fale así da mellor conselleira que tivo a Xunta nunca... que pouca clase vaia... :) bah Menos facerse pallas e máis traballar: http://gl.wikipedia.org/wiki/Radon

5 outrooutro

Tes razón... O que expropiaba sen piedade era otro plan, tamén da "Sra." Táboas: http://www.galiciadigital.com/notic...