A Deputación de Pontevedra reclama á Xunta "un plan de rescate" para a hostalaría

"Os 50 millóns de euros do fondo no que insiste a Xunta son absolutamente insuficientes, e máis agora co novo peche e as medidas restritivas tan duras" declarou o deputado provincial Carlos López Font.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 26/01/2021 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra esixirá "un plan de rescate para o sector hostaleiro, e non de axudas", na reunión que terá lugar o mércores entre a Xunta, as institucións provinciais, o Clúster Turismo de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que se celebrará en Santiago de Compostela e que abordará a situación da hostalaría e o turismo coa pandemia de coronavirus.

Así o avanzou nun comunicado o deputado provincial Carlos Font, que explicou que aínda que acudirá "coa máxima vontade de colaboración", reclamará "un plan de rescate, coa participación proporcional de todas as administracións, e coa achega do 1% de cada orzamento".

"Os 50 millóns de euros do fondo no que insiste a Xunta son absolutamente insuficientes, e máis agora co novo peche e as medidas restritivas tan duras", alertou o deputado que, ademais, tachou de "erráticas, tardías e improvisadas" as decisións tomadas polo Goberno autonómico en canto aos sectores hostaleiro e turístico.

Doutra banda, Font recalcou a "preocupación" do goberno provincial de Pontevedra ante as declaracións que a Xunta realizou este luns nunha reunión cos mencionados sectores, nas que apuntou que "no 2020 o Estado achegou exclusivamente políticas pasivas como os ERTES, que son importantes pero nada máis", uns comentarios que o deputado cualificou como "notoriamente falsos".

"É lamentable que se poida mentir con tanto descaro ao sector cando a propia Delegación do Goberno volveu a confirmar que o Estado destinou a Galicia transferencias directas a fondo perdido de 224 millóns de euros, especificamente para compensar a caída de laactividad económica dos afectados", criticou Carlos Font, que reclamou ademais que se destinen eses fondos aos que máis o necesitan, "xa que existen".

Con todo, o deputado provincial mostrouse "esperanzado" na reunión que se celebrará este mércores e "espera alcanzar algún acordo". "Cremos que a Xunta de Galicia aínda está a tempo de rectificar", comentou Carlos Font.

O deputado responsable de Economía no Goberno provincial da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
O deputado responsable de Economía no Goberno provincial da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta